Obradoiro de marionetas na Biblioteca “Dora Vázquez” de Oseiro-Arteixo
Este xoves día 24, estivo na Biblioteca connosco Julio, da Asocición de Amigos do Museo Galego da Marioneta. Neste obradoiro lúdico-creativo de monicreques as crianzas crearon marionetas de variñas con materiais como xornais, cartolinas e variñas de pau. A actividade foi todo un éxito, os pequenos e pequenas saíron moi contentos cada un coa súa marioneta e, coa satisfacción de confeccionala eles mesmos.