Fátima Fernández na Biblioteca Pública Municipal de Dorneda
Este Luns 21 de Setembro visitounos na BPM Mª José Ruso de Dorneda (Oleiros) a contadora Fátima Fernández coa sesión “Cando os libros despregan as súas fantasías“. Os máis cativos da casa coñeceron da súa man a fantasía dos libros pop-up, libros-xogo que cobran vida coa súa lectura.