Aprendendo sobre robótica e máquinas na biblioteca Xela Arias de Chapela
A Biblioteca Xela Arias de Chapela celebrou este martes o obradoiro Robótica na biblioteca, coa escola Átomos.
Un grupo de nenos e nenas, de entre 8 e 12 anos, achegáronse ás nosas instalacións para tomar o seu primeiro contacto (nalgúns dos casos os e as participantes eran máis experimentados) coa robótica e coas tecnoloxías, e puderon saír da actividade co seu “cachivache” eléctrico xa montado e funcionando… e cun novo horizonte de posibilidades para xogar, explorar e seguir aprendendo.
A actividade realizouse seguindo todas as recomendacións de seguridade e hixiene frente ao Covid-19, e tivo lugar dentro do programa Ler conta moito da Consellería de Cultura e Turismo para a Rede de Bibliotecas de Galicia.
Ver +: https://bibliotecasredondela.blogspot.com/2020/09/aprendendo-robotica-para-un-novo-tempo.html