” A cabeza do dragón” por Títeres Cachirulo na Biblioteca de Sta Cruz
Iniciamos este mércores as actividades de Ler conta moito asistindo á actuación que nos brindaron Jorge Rey e Carmen Domech que forman o elenco de Títeres Cachirulo, na sala do Teatro As Torres anexo á biblioteca, alí recrearon a farsa infantil de Valle-Inclán, “A cabeza do dragón”.
A historia do príncipe Verdemar entusiasmou por igual a grandes e pequenos, as aventuras deste clásico príncipe que coa axuda dun trasno falcatrueiro logran vencer ao dragón que ten nas súas oscuras mazmorras á princesa Micomicón fixo a ledicia de todas e todos.
Resultando unha actividade moi divertida, quedando esto moi clariño, porque o corto número de público asistente, debido aos protocolos sanitarios para este tipo de actividades, aplaudíu a rabiar.