“DETECTIVE GEMOLA. O MISTERIOSO CASO DE…” con Genma Pardo en Bibliopazos
Onte tivemos no Auditorio do Concello a segunda actividade do programa LER CONTA MOITO deste ano 2020.
Nesta ocasión estivo con nós a Genma Pardo que nos trouxo o espectáculo “DETECTIVE GEMOLA. O MISTERIOSO CASO DE…” co que durante unha horiña que durou o show nos tivo entretidos e animados axudándonos a resolver as pistas coas que fomos quen de resolver este caso.
Os asistentes, os rapaces e rapazas de 3º de Primaria do CPI “Curros Enríquez” de Pazos- foron resolvendo as pistas coa axuda da Detective Gemola e ao final descubriron quen fora o asasino. Pero non o imos dicir por si queredes ir a ver o espectáculo outra vez noutra biblioteca.
Se algúns soñaron con ser uns auténticos detectives e resolver misterios inexplicables; e lles chaman a atención as series de investigación tiveron a súa oportunidade onte mediante o traballo realizado para resolver este misterio e sentirse os mellores detectives do mundo.
Grazas a todos por participar e a Genma Pardo por facelo deste xeito divertido, ameno e participativo.