MeRe Clown co seu espectáculo “A verdadeira historia de Hamelín” na Biblioteca de Riotorto
MeRe Clown é un personaxe excéntrico e descarado, clown actor xestual, malabarista, e contacontos que interactúa co público para arrincarlle a maior das gargalladas.
Veu a Biblioteca de Riotorto contarnos o que realmente pasou na vila de Hamelin.
Clown, malabares, participación do público e moito humor son as chaves desta adaptación circense do clásico “O frautista de Hamelín”.