“Coas mans na mansa: contos de igualdade” na Biblioteca Municipal de Lugo
Caxoto chegou pensando que, como o chef que é, os nenos e nenas viñan preparados para cociñar. Non era así, e o que querían era que lles contara unha historia.
Aínda que se resistiu un pouco, acaboulles contando a historia dunha nena que quería ser pirata. Afortunadamente os nenos e nenas estaban de acordo con que as nenas poden ser o que queiran e que non hai profesións de mulleres nin de homes.