Pandora: primeira astronauta galega, visita a Biblioteca M. Os Templarios
Onte pola tarde estiveron na Biblioteca M. Os Templarios Estíbaliz Espinosa e a ilustradora Lucía Cobo para presentarnos a Pandora, a primeira astronauta galega. Con elas tres demos unha fascinante volta polo universo e chegamos a lugares nunca antes explorados… Pero, ademais, puidemos constatar que os nenos e nenas que acudiron á biblioteca saben moitísimo sobre o ceo, os planetas e as estrelas e que están máis que preparados para facer fronte á súa propia viaxe polo espazo sideral!