Conto-concerto de Xoán Curiel no 15º aniversario da Biblioteca Xela Arias
Este xoves a Biblioteca de Chapela festexou o seu adiado 15º aniversario co músico Xoán Curiel.
Para facer a actividade nun espazo axeitado, trasladámonos ao auditorio do Piñeiral do Crego, no mesmo edificio onde está a biblioteca.
Dentro do escenario reproducimos unha biblioteca en miniatura, para acoller ao noso artista, un músico didáctico, fascinante e divertido, que foi quen de transformar a distancia física imposta, e a barreira das máscaras en auténticos sorrisos, en ritmo e en diversión compartida… ao tempo que nos aprendía máis dunha curiosidade musical.
A actividade estaba dirixida a familias, especialmente a nenos e nenas de entre 5 e 10 anos, e foron moitos e moitas os que se achegaron, previa inscrición, a pasar esta tarde agradable con nós.
Moitas grazas a nenos, nenas e adultos acompañantes por acompañarnos e gozar con nós deste día.
Por moitos anos máis!
+ Info no noso blog: https://bibliotecasredondela.blogspot.com/2020/10/concertazo-na-biblioteca-xela-arias.html