Anxo Fariña co seu contacontos ilustrado na Biblioteca de Tui
O pasado día 29 o ilustrador Anxo Fariña estivo na Biblioteca Municipal de Tui co seu contacontos ilustrado “Dulcinea a nena cabaleira” que resultou moi animado para os 25 rapaces e rapazas (e algúns pais e nais) que participaron na actividade, que forma parte das actividades conmemorativas do 50 aniversario da nosa biblioteca.