“AS COUSAS PEQUENAS CONTAN” na Biblioteca de Cerdedo
O pasado venres 2 de outubro levouse a cabo na Biblioteca Rodriguez Fraiz de Cerdedo o obradoiro “As cousas pequenas contan” da man de Xulio Varela. Os nenos e nenas participantes con imaxinación e moita creatividade crearon personaxes fantásticos e historias fascinantes con obxectos da vida cotiá.
