“NATURIZO E O ESPÍRITO DO BOSQUE” en BiblioPazos con Sabela Gago de Sarabela Teatro
O pasado venres día 2 de outubro pasamos unha estupenda mañá con Sabela Gago de Sarabela Teatro e co seu espectáculo “NATURIZO E O ESPÍRITO DO BOSQUE” co que demos por rematadas as actividades do programa LER CONTA MOITO de 2020.
Participaron 28 rapaces de 1º e 2º de Primaria do CPI “Curros Enríquez” de Pazos xunto coas súas mestras e todos eles pasaron unha divertida mañá coas aventuras de Naturizo e a súa amiga Amelia cos que aprendemos moitísimo sobre o coidado do medio ambiente, da natureza, do noso entorno e o amor polos animais.
Naturizo ensinoulles aos rapaces como coidar o medio ambiente e o seu entorno e tamén como hay que facer a reciclaxe dos produtos perxudiciais para a natureza e os animas que habitan nela.
Durante os 45 minutos que durou a actuación os asistentes estiveron en todo momento pendentes da narradora participando activamente da actividade.
Moi recomendable para alumnos de Infantil e Primaria.
Grazas a Sabela Gago polo seu ben saber e facer.
Esperámos volver a verte pronto por Pazos de Borbén.