Andando polo carreiro, Charo Pita na BPM de Dorneda (Oleiros)
Hoxe Luns 5 de Outubro camiñamos xuntos polo mundo dos contos da tradición oral da man da contadora Charo Pita. Coa súa sesión de contacontos “Andando polo carreiro” foinos narrando belas historias encadeadas con música para non perder o ritmo dos contos.