“Estrelas no bico, na fronte un cantar” con Estíbaliz Espinosa na Biblioteca Pública José Saramago do CSC das Fontiñas
Estíbaliz Espinosa, acompañada dun piano e de distintas imaxes que se proxectaban nunha pantalla, realizou unha actuación que resultou orixinal e interesante logrando espertar a curiosidade entre @s máis pequen@s ao emparellar a ciencia coa literatura, mías concretamente a astronomía coa poesía. Divertida, singular e moi entretida.