Obradoiro de escrita “Liñas lilas” na Biblioteca Pública José Saramago do CSC das Fontiñas
Este obradoiro de escrita impartido por Andrea Barreira, Eli Ríos e Jara Ortiz convida aos participantes a reflexionar sobre diversos aspectos da literatura que, en principio, poden quedar, e de forma involuntaria, relegados á hora de comprender na súa totalidade un texto.
A sesión comezou realizando unha pequena introdución sobre algunhas escritoras ( Marilar Aleixandre, Ledicia Costas, María Reimóndez, Jane Austen…) destacando certos aspectos da súa produción literaria. A continuación desenvolvéronse unha serie de dinámicas, como foi a lectura e o análise de certos fragmentos, coas que debíamos cavilar sobre se se trataba de personaxes femininas ou masculinas. Tamén se redactaron pequenos textos que foron analizados e comentados posteriormente. Estas actividades sinxelas aportaron un gran dinamismo e unha maior distensión na sala ao permitir a participación das persoas asistentes.