A Xanela do Maxín na biblioteca “Antón Castro” de Meicende – Arteixo
O día 7 de outubro no obradoiro Imaxinar tamén conta Celtia Figueiras, coa axuda do seu monicreque Roi Leo, mesturou diversas técnicas e libros da biblioteca para mellorar a capacidade de imaxinación e tamén a comprensión lectora das crianzas que pasaron 75 minutos de diversión e aprendizaxe.