Os monicreques de Kukas e “Xan Perillán” viaxan ata a Biblioteca de Santa Cruz (Oleiros) coa súa maleta máxica.
O mércores, 7 de outubro, Os monicreques de Kukas realizaron un espectáculo no que aunaron varios estilos teatrais para deleitar a un público moi entregado. O clown foi a nota cómica, a maxia contivo a respiración dos pequenos e pequenas e os títeres conseguiron acadar ese punto de concentración e comprensión da historia que se estaba a narrar : a de Xan Perillán, a quen lle notifican que lle tocou unha viaxe a Pernambuco, motivo polo que se ten que poñer a facer a maleta. Unha maleta un tanto especial…
A experiencia desta compañía de teatro quedou patente na súa boa posta en escena. O son estaba perfectamente integrado na narración conseguindo a implicación de todos es todas as asistentes.
Ao finalizar a actividade, os nenos e nenas, xunto cos seus acompañantes, realizaron un helicóptero de papiroflexia guiados polo contador.