BIBLIOCANTA CON PATRICIA NA BIBLIOTECA PÚBLICA FRANCISCO CARBALLO DE MACEDA
O día 6 de Outubro pola mañá estivo connosco Patricia coa actividade Bibliocanta onde os nenos/as do colexio público de Maceda de 5º de educación Primaria convertironse en cantantes, músicos e bailaríns cun reportorio de cancións tradicionais.