“CONTOS CON OVOS” NA BIBLIOTECA PÚBLICA MUNICIPAL DE PORTAS
O xoves 8 de outubro, a Biblioteca Pública Municipal de Portas tivo o pracer de recibir a Pablísimo co seu espectáculo “CONTOS CON OVOS”. Un contacontos moi redondiño … ou máis ben ovalado onde os protagonistas son os ovos… e o que sae de eles! Espectáculo de narración oral, adiviñas, xogos de palabras, obxectos e bonecos. Gran espectáculo para os máis cativ@s!!