“Pequenas historias subversivas” de Dani Blanco na Biblioteca Municipal do Milladoiro
Os usuarios que nos acompañaron o xoves día 8 puideron dar resposta a preguntas como se Xosé Neira Vilas sabía que cando escribira memorias dun neno labrego no ano 1961 ía provocar que 28 anos máis tarde caira o muro de Berlín? Ata que punto o azar manexa as nosas vidas? Biófilo Panclasta estivo en Cangas nos anos 60? Quen foi Cachiño, o mariñeiro Rillote, e que tivo que facer para sobrevivir a un naufraxio en Tristán de Acunha? Que pintan Los Tamara en todo isto? Unha narración que conseguiu sorrisos tan benvidos nesta época!