UNHA CABAZA ENCANTADA POR ROIS DA MAN DO TEATRO CALAVERA
O conciñeiro Antón e a pasteleira Tomasa compartiron con nós en Rois o seu libro de aventuras! E de paso… fixéronnos partícipes da grande intriga dunha cabaza encantada que merodeaba pola biblioteca.
Rematada a función, que combina narración oral cunha coidada posta en escena, as familias participantes realizaron un peculiar e terrorífico taller culinario de decoración de galletas.
Ata pronto, Antón e Tomasa, agardámosvos en Rois para novas aventuras!