Obradoiro de Cómic e Banda Deseñada con Santy Gutiérrez na B.P.M. de A Guarda
O sábado 17 de outubro, rapaces e rapazas aprenderon recursos da linguaxe do cómic facendo a sua própia páxina de banda deseñada co obxectivo de atopar unha ferramenta afín á sua vida que lles axudará a comunicarse, contando as suas propias historias nas que verquir as suas propias inquedanzas e intereses.
Durante dúas horas, Santy Gutiérrez ensinou dun xeito moi ameno baixo a atenta mirada da rapazada, que saíu coa súa propia páxina de banda deseñada!!