María Faltri presenta Bibliodiscoteca no Vicedo
A música volveu a soar no auditorio da Casa da Cultura do Vicedo a cargo de María Faltri presentando o espectáculo Bibliodiscoteca. Unha sucesión de cancións infantís galegas que fixeron as delicias dos nenos e nenas e tamén dos acompañantes. A Cultura é segura e moi divertida!