Rock and roll na Biblioteca Pública Municipal de A Fonsagrada
O martes 13 de xullo, na Biblioteca Pública Municipal de A Fonsagrada, festexamos o Día Mundial do Rock con Ramona Órbita. Grazas a ela viaxamos á prehistoria a comer churrasco de mamut, visitamos a Leonardo Da Vinci no Renacemento, achegámonos ao Antigo Exipto cun tal Ramsés que lle cheiran os pés e teletransportámonos a un futuro máis ecolóxico.
Os nosos agradecementos a Pakolas por facernos pasar unha tarde tan divertida.