EN PARADA DE SIL MONTAMOS UNHA BANDA DE VERÁN CO CONTACONTOS-MUSICAL DE XOAN CURIEL
O carismático artista Xoan Curiel amosounos o venres 16 de xullo en Parada de Sil qué doado e divertido é montar unha Banda de Verán chea de música e divertimento.
Paso a paso fomos aprendendo cada instrumento e cada estilo musical. Toda a rapazada da Axencia de Lectura de Parada de Sil descobrimos estilos musicais coma o rock, o pop, o rap, o reggae, a xota, a muiñeira, a rumba…
A través do seu conto fomos participando nun concerto onde todos nos activamos cantando, palmeando, taconeando e disfrutamos a tope.
Grazas Xoan por darnos marcha nunha tarde tan calurosa deste verán 2021!
Axencia Municipal de Lectura de Parada de Sil, apostando pola cultura viva no corazón da Ribeira Sacra!