“Dámoslle volta ao conto: Contos pola igualdade” por Raquel Queizás.
O pasado venres día 6 de Agosto tivemos o pracer de ter connosco a Raquel Queizás realizando a contada “Dámoslle volta ao conto: Contos pola igualdade”, ao carón da Biblioteca de Verín, na rúa Irmáns La Salle. Máis de 50 asistentes asistiron atentos á contada.
Os Venres de Conto, son un Conxunto de actividades enmarcadas dentro do Programa LER CONTA MOITO da Xunta de Galicia e organizado pola Biblioteca Municipal do Concello de Verín.