BIBLIOTEMAXIA con Leo Leíño na B.P.M. Ánxel Fole de Nós (Oleiros)
O venres 10 ás 18:30, visitaron a nosa biblioteca Leo Leíño e a súa axudante Cristina, coas que pasamos unha hora de diversión e maxia. Non tivemos nin un instante de aburrimento coas historias que nos contou Leo de como aprendeu maxia por todo o mundo.