Paco Nogueiras presenta Radio BuleBule na Biblioteca P. Municipal “Rosalia de Castro” de Sta Cruz (Oleiros)
Concerto musical protagonizado por un Paco Nogueiras totalmente entregado coas súas cancións emitidas desde o programa da Radio BULEBULE, os nenos e nenas participaron coreando cada unha das letras que falan da nosa lingua, do tempo, da información, dos pelos e do mundo en xeral.
Cumprindo sempre as normas COVID os asistentes bailaron dende as súas butacas, aplaudindo e animando sen parar desfrutando da hora que durou o concerto.

Paco Nogueiras en concerto
Radio BuleBule