Caxoto na Biblioteca Xela Arias de Chapela, en Redondela, fainos gozar cos animais da granxa en “Levántate Xan!”
O artista Caxoto visitou onte a Biblioteca Xela Arias de Chapela e, no auditorio do Edificio Multiúsos, ofreceu un espectáculo divertidísimo de contacontos para os máis cativos.
Nenas e nenos de entre 1 e 4 anos encheron as prazas dispoñibles para este espazo, que gardando todas as medidas de seguridade, se converteu por esta tarde nun espazo para a imaxinación, a diversión, as risas, e os cantos.
Grazas aos nenos e nenas de Chapela e arredores e ás súas familias polo interese na actividade, e grazas o artista Caxoto por un serán máxico que agardabamos tanto.
+ INFO: https://bibliotecas.redondela.gal/levantate-xan-contacontos-con-caxoto-na-biblioteca-xela-arias/