Anxo Moure- Pes de Lobo. Un lobo na Biblioteca Pública José Saramago do CSC de Santa Marta-Santiago
Este venres día 17 visitounos Anxo Moure co seu espectáculo “Pes de Lobo. Un lobo na biblioteca”. Ensinoulles aos nenos e nenas de Santa Marta o que deben facer no seu día a día para salvar o bosque dos contos. Como sempre unha maneira moi amena de aprender valores tan importantes como o respecto e o coidado do noso planeta.