Atrevéndonos a facer o noso propio libro na Biblioteca Xabier P. Docampo
Este venres 17 de setembro a Biblioteca Municipal Xabier P. Docampo de A Barcala (Cambre) converteuse nun obradoiro infantil de libros. A rapazada de 6 a 10 anos puido gozar da actividade programada “Atrévete a facer o teu propio libro” da man de Estefanía Padullés. Unha experiencia sensacional que tivo moi boa acollida entre as nenas e nenos participantes.