“O que me contou a tía Caronda ” Carlos Alba na B.P.M. Mª José Trincado de Mera ( Oleiros)
Este venres, 24 de setembro, contamos coa presenza do contador Carlos Alba e a súa sesión de contos ” O que me contou a tía Caronda”, adaptacións de contos clásicos como Barbazul e Artur e Clementina; unha tarde divertida e entretida pero tamén formativa pois puidemos reflexionar a través das personaxes tradicionais dos contos sobre a igualdade de xénero e os seus diferentes roles masculino/ feminino.