“Noa no espello” de Sarabela Teatro na B.P.Municipal “Rosalia de Castro” de Santa Cruz (Oleiros)
Mirámonos, miradevos…mirade para o que senta ao voso lado…. todos somos iguais pero moi diferentes, estas e outras preguntas son as que se fai Noa diante do espello, ese espello que tanto lle gusta a Noa e tamén a todos os nenos e nenas da sala.
Sabela explicounos a todas e todos que é moi importante que cada un teña a súa propia identidade.
Non debemos enfadarnos se os nosos amigos e amigas teñen aficións distintas das nosas ou lles gustan cousas moi diferentes ao que nos gusta a cada un de nós.
Unha moi boa posta en escea, mediante un xogo teatralizado de personaxes que rodean a Noa que consegue que nos preocupemos con Noa pero tamén nos divertimos e resolvimos situacións.