Camiños do mar, terra e vento con Paula Carballeira na Biblioteca Municipal de Boiro
Hoxe na Biblioteca Municipal de Boiro, nenxs e maiores, pasamos unha maña moi agradábel e divertida na compaña de Paula Carballeira, que cos seus contos levounos a lugares fantásticos, acompañamos as bruxas nos seus viaxes, recorremos camiños polos bosques, e incluso acompañamos a un sapiño na súa aventura. Grazas Paula por regalarnos esta maña.