Carmen Conde – “Obradoiro de poesía” na Biblioteca Pública José Saramago do Centro Sociocultural de Santa Marta – Santiago
Como di Carme Conde (Tarabela Creativa) na presentación do obradoiro deste martes na biblioteca de Santa Marta: “Se algo racha con absolutamente todos os preconceptos e estereotipos, ese misterio é a poesía”. Por iso, Carmen ensinounos a xogar co mundo das imaxes, falamos de referentes en poesía e escoitamos cancións que son auténtica creación poética. Todas estas dinámicas servíronnos de inspiración para dar o salto á segunda parte deste obradoiro e mergullarnos no mundo da creación en busca da nosa propia voz.