Xela Arias. Liberdade, solidariedade e amor pola lingua na Biblioteca Municipal de Fene
Hoxe 7 de outubro de 2021 na Biblioteca Municipal de Fene dou comezo o Ciclo Ler Conta Moito coa actuación de Xela Arias. Liberdade, solidariedade e amor pola lingua do grupo Polo Correo do Vento. Un espectáculo moi orixinal no que a través da música, da imaxe e da fala contan a vida e obra da escritora Xela Arias. Ademáis unha vez finalizada a exposición da biografía da escritora o ilustrador axuda a facer dunha forma moi sinxela ó pingüín protagonista da historia, simplificándoo de tal maneira que sorprendentemente, tanto nenos como maiores foron capaces de debuxalo. Unha tarde moi entretida na compaña de Polo Correo do vento.