Paula Carballeira visita a Biblioteca Central “Henrique Rabuñal” de Arteixo
Esta vez, foi Paula Carballeira quen nos visitou, amenizou a tarde do conto con “Camiños de mar, terra e vento”. Contounos varias historias, a súa forma de narrar, a xestualidade e entoación, fixo que a rapazada non perdese ollo destas aventuras nas que participaron activamente invitados por Paula.