Potencia a túa actividade ata o infinito, de Ciencia en movemento, en Narón
O mércores 6 de outubro os nenos e nenas de Narón participaron nun obradoiro no que elevaron a súa inventiva e imaxinación. Ciencia e maña combináronse para conseguir abrir o cofre do tesouro.
Esta actividade foi desenvolvida por Ciencia en movemento dentro do programa Ler conta moito.