Heroes e Heroas, con Pedro Brandariz, na ALM de Buxantes (Dumbría)
A tarde do mércores foi do máis entretida na biblio de Buxantes.
O Capitán Igualdade visitounos e contounos a historia dunha nena que quería ser pirata e dun neno ao que lle encantaba pintar as unllas.
Díxonos que todos e todas podemos ser o que queiramos, que non hai unhas cousas de nenas e outras de nenos.
Todos e todas somos iguais!
Encantounos a contada!