Xarope Tulú na Biblioteca Central “Henrique Rabuñal” de Arteixo
Este xoves, 21 de outubro, estivo connosco amenizando a tarde para a rapazada, Xarope Tulú.
A través de diversas historias iremos descubrindo eses mundos invisibles que nos rodean, eses outros xeitos de vivir. Rapazas que soben e baixan escaleiras, bicicletas e parrulos, moitos parrulos. Con este argumento de fondo, foi como Atenea, seduciu aos cativos e cativas que viñeron á Biblioteca na tarde de hoxe. Ademais de desfrutar das animacións, foron partícipes en todo momento dunhas historias que fixeron as ledicias de todo o público presente.