Celebramos o día da Biblioteca na BiblioSada: As Rescatadoras!
O pasado sábado 23 de outubro ás 18:30 tivemos unha cita c@s máis pequen@s na Biblioteca Municipal Ramón Suárez Picallo de Sada para celebrar o Día da Biblioteca. Da man de Antía Yáñez e das “rescatadoras”, mulleres literatas nos andeis da nosa biblio, que foron deixando pistas, @s peques da casa aprenderon moito máis sobre a biblioteca e pasaron unha tarde de sábado moi divertida!