“Conto xogo” con Patricia Martínez na Biblioteca Pública José Saramago de Santa Marta.
Este venres 8 de abril os nenos e nenas dos Centros Socioculturais do Concello de Santiago, gozaron na biblioteca pública José Saramago de Santa Marta dunha tarde moi divertida e educativa da man de Patricia Martínez. A través de xogos e de contos ensinounos a respectarnos, a ser solidarios cando estamos xogando, a expresar os nosos sentimentos sen medo … boas accións, que igual que no conto “O elefante e a xenerosidade” teñen a súa recompensa.