Elisa e Ian: Historias fabulosas, 2 magos e outras cousas
O sábado 23 de abril na sala infantil da biblioteca municipal do Concello de Chantada, tivemos a actuación de Elisa e Ian para celebrar o Día do Libro.
Tanto nenos como maiores gozaron moito dunha actividade participativa na que a través dos contos nos amosaron varios trucos de maxia e sombras chinesas.