Os ratos de Lonxedetodo na Biblioteca Pública Municipal do Grove
Os Ratos de Lonxedetodo montaron na biblioteca a oficina da “Asociación de Animais Solidarios”.
A través de debuxos, contos e música prestaron axuda a animais do mundo que están con problemas debido ao cambio climático.
Espectáculo con música, narración oral e monicreques que fixeron as delicias de grandes e pequenos na biblioteca .