“As cousas pequenas contan”, con Julio Varela, narrando cos obxectos cotiáns na Biblioteca Xela Arias
Rapaces e rapazas de Chapela pasárono en grande estes días elaborando personaxes e historias a partir dos obxectos do cotián.
O animador sociocultural Xulio Varela achegounos a proposta “As cousas pequenas contan”, onde nos movía a tomar obxectos comúns do noso día a día para narrar con eles. Froito deste encontro xurdiron personaxes do máis variado: tenros, amorosos, sorprendentes, absurdos, surrealistas e sobre todo moi moi divertidos.
VER + NO NOSO BLOG: https://bibliotecas.redondela.gal/as-cousas-pequenas-contan-creando-personaxes-e-historias-cos-obxectos-do-cotian-con-xulio-varela/