Aproximación á ilustración con Óscar Villán na Biblioteca do Grilo-Cacheiras
O venres 6 visitou a Biblioteca do Grilo-Cacheiras Óscar Villán para falarnos do mundo da ilustración. Partindo do seu traballo e do traballo doutros artistas, amosou unha panorámica do proceso creativo detrás da ilustración e de distintas maneiras de abordar esta disciplina artística.