“Fagamos un libro: Obradoiro de encuadernación”, con Sara Guerrero Alfaro na Biblioteca José Saramago do CSC de Vite
O pasado 29 de abril a rapazada de Vite puido desfrutar dun obradoiro de encuadernación no CSC de Vite do Concello de Santiago, dirixido por Sara Guerrero, deixando que cada quen plasmase a súa personalidade no caderno. Os participantes quedaron moi satisfeitos co proceso e resultado do obradoiro, e esperaron con moitas ganas a seguinte sesión, na que encherán o caderno cun conto de elaboración propia.
Na segunda sesión, realizaron un obradoiro de escritura creativa no que encherán as páxinas en branco dos seus cadernos. Os resultados foron unhas libretas moi orixinais, tanto pola estética como os contidos. Foi unha experiencia moi satisfactoria