A Biblioteca Municipal de Culleredo tivo onte “Onde viven os monstros” a cargo de Carmen Domech
A sesión presentouse en tres bloques, a partir das adaptacións dos contos “Onde viven os monstros” de Maurice Sendak, “O monstro de cores” de Anna Llenas, e que monstros podemos atopar nos alimentos precociñado que consumimos. Cos títeres percorrimos estes contos, e gozamos da posta en escea que nos mostrou Carmen Domech.