Florencio Delgado Gurriarán na voz de Sole Felloza
Onte Sole Felloza achegouse ás Pontes e púxolle voz a algúns dos poemas de Florencio Delgado Gurriarán. Entre contos de Valdeorras e unha viaxe pola vida de Florencio desde o seu Córgomo natal ata México, o público pontés puido coñecer un pouco máis ao autor homenaxeado nas Letras Galegas 2022. A presenza escénica de Sole Felloza é sempre un desfrute, acompañado ademais neste Vendimando versos da sonoridade e fermosura dos poemas de Delgado Gurriarán.