Obradoiro de banda deseñada con Santy Gutiérrez na BiblioSada
O pasado venres 20 de maio a mocidade de Sada pasouno moi ben na xornada de creación de personaxes e historias da man de Santy Gutiérrez no obradoiro de banda deseñada, co cal celebramos que o 1 de maio foi o día da banda deseñada. Foi na sala xeral da Biblioteca Ramón Suárez Picallo de Sada, e agardamos que se repita máis veces! Moitas grazas, Santy!